Todas las noticias

Novas 25 Ago 2023

O polígono que se proxecta desenvolver implicaría 407 parcelas de 261 titulares, xerando actividade económica e mellorando a rendibilidade das actividades agrarias. En Galicia hai 24 polígonos agroforestais en diferentes fases dende a entrada en vigor da Lei de recuperación, que supoñen a posta en valor de máis de 9.000 hectáreas distribuídas nunhas 29.000 parcelas propiedade de máis de 7.900 veciños. Galicia conta tamén con 21 aldeas modelo declaradas, das cales a de Ferreiros -no concello de Ames- é a única da provincia da Coruña.

Novas 18 Ago 2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución mediante a cal se abre o prazo para presentar solicitudes para o aproveitamento de parcelas incorporadas nesta aldea modelo de Infesta. Os interesados terán 15 días para presentar as súas solicitudes, dende o 19 de agosto ata o 4 de setembro.

Novas 18 Ago 2023

O polígono que se proxecta implementar implicaría 351 parcelas de 115 titulares, xerando actividade económica que contribuiría -á súa vez- á anticipación aos incendios. En Galicia hai 24 polígonos agroforestais en diferentes fases dende a entrada en vigor da Lei de recuperación, que suporán a posta en valor de preto de 9.000 hectáreas distribuídas nunhas 28.600 parcelas propiedade de preto de 7.800 veciños. Tres dos polígonos atópanse na provincia de Pontevedra, o de Vilalén-Tomonde (en Cerdedo-Cotobade), o de Mandelos (en Crecente) e o de Panascos (en Tomiño).

Novas 10 Ago 2023

O polígono constará de 29,75 hectáreas, que se prevén destinar aos usos agroforestais que mellor se adapten ás condicións agronómicas. Os polígonos agroforestais teñen como obxectivo poñer en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que co tempo acadaron estados de abandono ou infrautilización.

Novas 28 Xul 2023

A actualización do Catastro é unha competencia exclusiva do Estado, pero na cal Galicia quere colaborar, ao abeiro do establecido na Lei de recuperación. Así, a Xunta buscará aproveitar as posibilidades que ofrece esta norma para levar a cabo procedementos administrativos de revisión de titularidade, xeométrica e topográfica, daquelas parcelas en que exista un interese por recuperalas.

Novas 19 Xul 2023

Na actualidade, xa son 23 os polígonos agroforestais en distintas fases de actuación existentes na nosa comunidade, dos cales 3 se atopan na provincia de Pontevedra. Un deles, o polígono de Cerdedo-Cotobade, suporá a mobilización de case 68 hectáreas de superficie, repartidas en 1.534 parcelas propiedade de 278 veciños. Tamén están declaradas un total de 21 aldeas modelo na nosa Comunidade, das cales unha está precisamente neste municipio pontevedrés, a de Mouteira-Parada. Desde a entrada en vigor da Lei de recuperación, en maio de 2021, arredor de 10.000 hectáreas de terreo están sendo obxecto de desenvolvemento dun instrumento de recuperación de terra agraria, entre polígonos agroforestais, aldeas modelo e permutas.

Novas 18 Xul 2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o correspondente anuncio da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. A Administración autonómica investigará a titularidade de 77 inmobles situados na aldea modelo de Mouteira-Parada, como instrumento de mobilización da terra enmarcado na Lei de recuperación.

Novas 12 Xul 2023

No caso de Cospeito foron decretadas as parcelarias de Lamas, de Roás e de Arcillá-Bestar-Vilar-Sisoi, que suporán a reordenación de preto de 1.800 hectáreas distribuídas en case 6.900 parcelas de 1.188 propietarios. No municipio de Castro de Rei, a nova parcelaria suporá a reorganización territorial de 575 hectáreas distribuídas en 804 parcelas de 173 veciños. José González destacou que as novas concentracións parcelarias teñen unha concepción moderna das estruturas, as cales buscan favorecer o desenvolvemento económico das explotacións. Actualmente en Galicia arredor de 10.000 hectáreas están sendo mobilizadas a través de varios instrumentos recollidos na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.