Ir o contido principal
Inicio
  • Galego
  • Castellano

Menú principal

  • Plan anual de actuacións
  • Banco de Terras
    • Que é o Banco de Terras?
    • Ferramenta web
  • Polígonos agroforestais
    • Que son os polígonos agroforestais?
    • Directorio de Polígonos Agroforestais
    • Zonas preferentes
  • Aldeas modelo
    • Que son as aldeas modelo?
    • Directorio de Aldeas Modelo
  • Investigación da titularidade
  • Agrupación de xestión conxunta
    • Que é unha agrupación de xestión conxunta?
    • Rexistro de Agrupacións Agroforestais de Xestión Conxunta
  • Permutas de especial interese agrario
  • Banco de explotacións
    • Que é o Banco de explotacións?
    • Ferramenta web
  • Mapa de usos agroforestais de Galicia
  • Catálogos de solos agropecuarios e forestais
  • Visor xeográfico
  • Novas
Logo Xunta de Galicia

Polígonos agroforestais

Presentación de polígonos
 

 

Mapa Galiciagalicia
A Coruñacoruña
Lugolugo
Ourenseourense
Pontevedrapontevedra

Documentación

Mapa formato SIX11.24 MB Mapa provincia Pontevedra4.33 MB Mapa provincia Lugo4.22 MB Mapa provincia Ourense2.82 MB Mapa provincia A Coruña4.64 MB Anuncio acordo polígono agroforestal de Oímbra458.19 KB Anuncio acordo polígono agroforestal de Cualedro457.05 KB

Novas relacionadas

Ver todas

Polígono agroforestal de Alto Castiñeira
Novas 11 Xuñ 2026
Medio Rural declara de utilidade pública o primeiro polígono agroforestal de iniciativa privada de Alto Castiñeira para mobilizar terra agraria

A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG o decreto correspondente, para poñer en valor 11,58 hectáreas entre os concellos ourensáns de Ribadavia e Cenlle. Como actividade principal establécense os cultivos leñosos –viñedo principalmente, ao atoparse na Denominación de Orixe Ribeiro— e como secundaria, os pastos permanentes. Na actualidade existen 29 polígonos agroforestais de iniciativa pública en marcha (en diferentes fases de execución) na nosa comunidade, 15 deles na provincia de Ourense, que supoñen a posta en valor de máis de 5.000 hectáreas.

polígono agroforestal de Pousada
Novas 18 Mai 2026
Medio Rural avanza no desenvolvemento do polígono agroforestal no Riós que mobilizará case 94 hectáreas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou hoxe os terreos nos que se desenvolverá este instrumento ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. A actividade principal á que se destinará este polígono agroforestal son os cultivos leñosos e o aproveitamento de castaña. A maiores, inaugurou un dos cursos de microcredenciais que se están a realizar nas zonas rurais en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, dirixido a profesionais e cidadáns de entre 25 e 64 anos.

Banco de Terras de Galicia
Novas 09 Mai 2026
Medio Rural mantén aberto ata o 22 de maio o prazo para solicitar parcelas dispoñibles en concorrencia a través do Banco de Terras

Este período iniciouse o pasado día 4 de maio e é un dos dous que se abre ao longo do ano (en maio e novembro) para solicitar parcelas neste estado. Para as parcelas no estado de dispoñible sen concorrencia, o prazo permanece aberto durante todo o ano, en virtude da novidade introducida neste 2026. Actualmente hai un total de 6.639 parcelas dispoñibles para poder ser arrendadas por medio do Banco a través destes dous procedementos.

Banco de Terras de Galicia
Novas 01 Nov 2025
Medio Rural abre desde este luns e ata o 21 de novembro o prazo para arrendar parcelas co Banco de Terras

Neste período, calquera persoa que precise terras para desenvolver ou ampliar unha explotación agraria e/ou forestal ou para realizar un proxecto con outros fins pode dirixirse ao Banco, que mantén unha listaxe actualizada das parcelas dispoñibles. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática na sede electrónica da Xunta de Galicia ou desde a páxina web do Banco de Terras de Galicia.

Xunta de Galicia Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención a cidadanía
  • |
  • Accesibilidade
  • |
  • Aviso legal
  • |
  • Mapa do portal
Galicia