Mapa de usos agroforestais de Galicia
O Mapa de usos agroforestais de Galicia é un documento técnico que reflectirá o uso das terras de carácter agroforestal no momento da súa elaboración. Este mapa servirá de base para a planificación das actuacións do conxunto dos órganos das administracións públicas e das entidades do sector público con competencias relacionadas co desenvolvemento rural, en todo o referente á ordenación e xestión de usos das terras agroforestais.
Este mapa buscará a integración e coherencia das diferentes fontes de información de ámbito nacional e autonómico, como o SIXPAC (sistema de información de parcelas agrícolas), o SIOSE (sistema de información de ocupación do solo de España) e o Inventario forestal continuo de Galicia. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural é a responsable da elaboración e actualización do mapa; un documento dinámico que será informado polo Consello de Xestión da Terra Agroforestal.