Todas las noticias

Novas 17 Nov 2024

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural visitou esta aldea modelo na que se mobilizaron 76,85 hectáreas divididas en 646 parcelas de 151 titulares catastrais. Un total de 61,6 hectáreas están arrendadas a través do Banco de Terras por un gandeiro local cunha explotación de gando vacún en extensivo de razas autóctonas de produción ecolóxica.

Novas 05 Nov 2024

Hoxe saíu publicada no DOG a concorrencia pública para a selección de propostas de actuación no polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra.

Novas 04 Nov 2024

Como novidade, neste período incorpórase a figura do retornado galego nos criterios de adxudicación de predios para aproveitamentos agrícolas e gandeiros e a asignación dunha puntuación ao mesmo. Os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como o Banco, poderán acceder aos dereitos da axuda básica á renda da reserva nacional. O Banco de Terras de Galicia é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural co dobre obxectivo de evitar o abandono da terra agraria e de poñela a disposición de todas aquelas persoas que a necesiten.

Novas 24 Out 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, adianta que as 64 hectáreas de 115 propietarios mobilizadas no polígono agroforestal do concello ourensán sairán a concorrencia pública antes de final de ano. Gómez visitou tamén a aldea modelo de Carzoá, logo de que remataran os traballos de agrupación doutras 60 hectáreas de máis de 200 propietarios que se destinarán a unha explotación de gando en extensivo. A titular de Medio Rural reafirma a aposta da Xunta polos procesos de mobilización, a través de ferramentas como as parcelarias ou os instrumentos da Lei de recuperación da terra, con outros 20 M€ nos orzamentos para o 2025.

Novas 27 Set 2024

Esta iniciativa, desenvolvida ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, abrangue unha superficie total de 63,71 hectáreas, distribuídas en 71 parcelas de 115 propietarios. Este polígono terá como actividade principal para a maior parte da súa superficie a gandaría en extensivo e para a restante, unha explotación mixta de gandaría en extensivo e cultivos complementarios. O de Cualedro é un dos 34 polígonos agroforestais -21 deles na provincia de Ourense- en marcha na nosa comunidade, que supoñen a posta en valor de máis de 9.500 hectáreas distribuídas en preto de 31.600 parcelas propiedade de 9.220 veciños.

Novas 09 Set 2024

Destaca que a remuda xeracional é “fundamental” para o futuro do rural galego. O banco de explotacións, que se porá en marcha antes que remate o ano, propiciará o contacto entre titulares de explotacións que cesan ou van cesar a súa actividade e as persoas interesadas en asumir a súa xestión. A nova orde de axudas estará dotada con 2,1 millóns de euros para o período 2025-2029 e favorecerá a cooperación na sucesión de explotacións, beneficiando as persoas físicas ou xurídicas xefes de explotación que se xubilen ou teñan outras causas para ceder a súa granxa. Para acompañar a posta en marcha do Banco, desenvolveranse, ademais, medidas de apoio como un visor informático público, modelos normalizados e accións de formación dirixidas ao persoal das oficinas rurais para que este, á súa vez, poida prestar apoio e asesoramento ás persoas interesadas.

Novas 17 Xul 2024

Así o anunciou a conselleira María José Gómez nunha visita a este municipio ourensán, coincidindo coa publicación hoxe no DOG da proposta de aprobación do proxecto básico deste polígono. Esta iniciativa, desenvolvida ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, abrangue unha superficie total de 21,76 hectáreas, distribuídas en 72 parcelas de 73 propietarios. O de Oímbra é un dos 34 polígonos agroforestais -21 deles na provincia de Ourense- en marcha na nosa comunidade, que supoñen a posta en valor de máis de 9.500 hectáreas distribuídas en preto de 31.600 parcelas propiedade de 9.220 veciños.

Novas 27 Xuñ 2024

A directora xeral de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, explicou aos asistentes os avances deste polígono agroforestal que permitirá mobilizar 22,21 hectáreas de terreo divididas en 237 parcelas de 148 propietarios. A zona delimitada desta iniciativa atópase dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, polo que dará resposta a unha gran demanda de terreos para produción vitivinícola, de gandaría en extensivo ou para aproveitamento forestal. Actualmente, en Galicia están aprobados 34 proxectos para a posta en marcha de polígonos agroforestais, ferramenta incluída na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, que favorecerán a posta en valor de máis de 9.500 hectáreas.