Todas las noticias

Novas 23 Xan 2024

Os resultados destes labores, que leva a cabo a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, permitirán actualizar o catastro da zona, así como avanzar no proceso de aprobación e posta en marcha desta iniciativa de recuperación de terras. Faranse traballos de levantamento de infraestruturas comúns, límites físicos e elementos naturais para logo analizar cos titulares as posibles discrepancias entre a cartografía existente e a realidade física das parcelas.

Novas 20 Xan 2024

A superficie da aldea modelo é de 67,45 hectáreas, divididas en 922 parcelas de 164 titulares catastrais. Un total de 52,03 hectáreas foron adxudicadas no procedemento de concorrencia pública a unha proposta conxunta dunha gandeira local e dos propios veciños da aldea a través do monte veciñal. A orientación produtiva da aldea modelo será o vacún en extensivo de razas autóctonas, e a produción de cereais e cultivos de ciclo curto. As obras, cun investimento de 135.806 euros, abrangueron o pechamento de 7,2 quilómetros de lonxitude e unha altura de 1,5 metros.

Novas 12 Xan 2024

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os correspondentes anuncios da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para desenvolver estes polígonos, que implican no seu conxunto 361 parcelas de 149 propietarios. Trátase dos polígonos de Sabadelle, no municipio de Chantada; de Loio, na localidade de Paradela; e de Xesto, no concello do Saviñao. Todos están situados en áreas de actuación de Indicacións Xeográficas Protexidas ou Denominacións de Orixe nas que existe unha gran demanda de terreos para explotacións existentes ou a posta en marcha de novas iniciativas produtivas.

Novas 01 Xan 2024

A aldea modelo, situada no concello lucense de Quiroga, abrangue unha superficie de 14,15 hectáreas e nela prevese instaurar unha explotación de porco en extensivo

As actuacións realizadas inclúen o peche perimetral da zona e a instalación de comedeiros e bebedoiros, entre outros

Novas 30 Dec 2023

Estas actuacións enmárcanse nunha liña de axudas convocada en 2022 polo Goberno autonómico para realizar proxectos deste tipo de traballos

Prevese acadar un aforro enerxético e ambiental a través da utilización de lámpadas cunha máis ampla eficacia luminosa e maior vida útil

A proposta procura a dixitalización do alumeado público, coa instalación dunha rede de nodos nas luminarias existentes

Novas 29 Dec 2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe este decreto que permitirá poñer en valor preto de 47 hectáreas, distribuídas en 351 parcelas de 115 propietarios

Ten por obxecto prioritario pór en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva, en progresivo estado de abandono ou infrautilización, recuperando deste xeito unha acaída actividade de explotación agrícola ou forestal

Novas 29 Dec 2023

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, reuniuse co alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro.

Novas 15 Dec 2023

José González salientou a colaboración entre Galicia e Portugal, que tamén participa nesta iniciativa, na loita contra os incendios forestais e no desenvolvemento de estratexias de acción para o futuro. O proxecto busca poñer en valor e mellorar a xestión sostible dos terreos agroforestais, ao mesmo tempo que se protexen e dinamizan os asentamentos rurais, cun orzamento logrado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Nesta liña, o titular do Medio Rural destacou outra proposta que conta con fondos europeos a partir das aldeas modelo, “Aldealix”, lanzada este mesmo mércores para impulsar comunidades enerxéticas baseadas en biomasa no territorio rural nas aldeas modelo de Infesta (Monterrei) e Parada-Mouteira (Cerdedo-Cotobade). No 2024, destacou, remataranse os proxectos de ordenación produtiva das 21 aldeas modelo de Galicia, continuarase cos pilotos dos plans dinamización de catro delas e poranse en marcha os primeiros Espazos Agrarios de Experimentación de Galicia.