A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural visitou A Estrada para poñer en valor a convocatoria destas axudas, que promoven ferramentas como as permutas de especial interese agrario e os polígonos agroforestais de iniciativa privada. Durante a visita puido coñecer un proxecto de mobilización de terra a través de permutas que se quere levar a cabo neste concello. As persoas que acrediten a posta en marcha de ditos instrumentos poden optar a esta achega, que conta cun orzamento de 100.000 euros para os anos 2025 e 2026. Como novidade, nesta convocatoria inclúense as axudas para gastos de asesoramento técnico e xurídico, un recurso moi demandado polos propios propietarios que queren acometer este tipo de procesos.
A conselleira María José Gómez mantivo esta tarde unha reunión de traballo con alcaldes e responsables locais da zona para avanzar nesta iniciativa, consensuada cos concellos. A titular de Medio Rural explicou que esta ferramenta ten como obxectivo favorecer a recuperación da terra agraria nesta área, con carácter pioneiro e no marco dunha infraestrutura de gran dimensión como é o regadío. O compromiso da Xunta co futuro desta zona e cos regantes ponse de manifesto nos orzamentos para este ano 2025, nos que se habilitou unha partida de 600 mil euros para impulsar as súas infraestruturas.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a aprobación desta figura contemplada na Lei de recuperación da terra agraria, que abrangue unha superficie de 64 hectáreas, distribuídas en 72 parcelas de 70 titulares catastrais. A actividade principal será a gandaría en extensivo e cultivos complementarios á explotación, á que se lle poderá engadir o cultivo agrícola e a plantación de árbores para a obtención de froito. Este é un dos 34 polígonos agroforestais en marcha na nosa comunidade, que supoñen a posta en valor de máis de 9.500 hectáreas distribuídas en preto de 31.600 parcelas propiedade de 9.220 veciños.
Rueda salienta que o obxectivo é “facilitar a transmisión de case 140 explotacións” ata 2026. Trátase dunha plataforma para poñer en contacto aos propietarios que deixan unha explotación e a cidadáns interesados en poñerse ao fronte. O presidente destaca que contará “cun visor público” que “permitirá localizar e visualizar as características” dos negocios inscritos no Banco. O Goberno autonómico tamén destinará 2,1 M€ a unha nova liña de axudas para promover a continuidade das explotacións viables mediante a transmisión. O proceso de transmisión de explotacións estará tutelado pola Administración autonómica, a través da rede de oficinas rurais, de forma que calquera persoa interesada poderá dirixirse á súa oficina para informarse sobre este tema e recibir asesoramento.