A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou este mediodía en San Xoán de Río na clausura da xornada “Está Ourense preparada para atraer o novo movemento ruralista?”, organizada por “Ourense Rural é vida”. Na súa intervención, fixo especial fincapé nas aldeas modelo e nos seus plans de dinamización como exemplo para impulsar un deseño xeral de rexeneración dos núcleos rurais. Subliñou que a Xunta impulsa “Aldeas Intelixentes, Solucións de futuro para aldeas sostibles” como proxecto de compra pública de innovación na procura de solucións tecnolóxicas para mellorar os recursos agrarios e a xeración de actividade económica.
Destes novos polígonos, dous están situados nos concellos ourensáns de San Xoán de Río e Os Blancos, e o terceiro conta con terreos na Peroxa e tamén no municipio lugués de Carballedo. O Goberno autonómico mobiliza preto de 9.500 hectáreas a través dos 33 polígonos agroforestais activados en Galicia, dos que 7 foron aprobados nos últimos 4 meses. A actividade principal de cada un deles será a gandaría en extensivo, dentro da aposta da Xunta por prever incendios forestais a través da xestión e a dinamización socioeconómica do territorio.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, avanzou os traballos que se desenvolverán para poñer en marcha esta iniciativa, que suporá a reestruturación de 2.308 parcelas propiedade de 187 titulares. As actuacións que se realizarán están vencelladas con operacións de definición do parcelario, a investigación da propiedade, a clasificación da terra e a redacción do plan de ordenación de fincas de especial vocación agraria. Neste concello, oito parcelarias están mobilizando actualmente máis de 9.700 ha cun investimento que nestes procesos superou xa os 19 M€. A Xunta rematou dende o ano 2020 un total de 32 parcelarias e decretou outras 29 no conxunto de Galicia, destinando este ano 24 millóns de euros para seguir impulsando estes procesos de mobilización de terra.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, avanzou, no encontro celebrado esta mañá en Riomol, que proximamente van comezar diversos labores que permitirán a posta en marcha desta concentración. Santé explicou que se iniciarán as actuacións de obtención dos planos parcelarios e de preparación das bases e do plan de ordenación de predios de especial vocación agraria. A parcelaria desta parroquia do concello lucense de Castroverde abrangue unha superficie de 494 hectáreas, distribuídas en 1.192 parcelas propiedade de 143 titulares. A Xunta rematou dende o ano 2020 un total de 32 parcelarias e decretou outras 29 no conxunto de Galicia e destinará 24 millóns de euros neste 2024 para seguir avanzando neste eido.