José González salientou a colaboración entre Galicia e Portugal, que tamén participa nesta iniciativa, na loita contra os incendios forestais e no desenvolvemento de estratexias de acción para o futuro. O proxecto busca poñer en valor e mellorar a xestión sostible dos terreos agroforestais, ao mesmo tempo que se protexen e dinamizan os asentamentos rurais, cun orzamento logrado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Nesta liña, o titular do Medio Rural destacou outra proposta que conta con fondos europeos a partir das aldeas modelo, “Aldealix”, lanzada este mesmo mércores para impulsar comunidades enerxéticas baseadas en biomasa no territorio rural nas aldeas modelo de Infesta (Monterrei) e Parada-Mouteira (Cerdedo-Cotobade). No 2024, destacou, remataranse os proxectos de ordenación produtiva das 21 aldeas modelo de Galicia, continuarase cos pilotos dos plans dinamización de catro delas e poranse en marcha os primeiros Espazos Agrarios de Experimentación de Galicia.