Todas las noticias

Novas 16 Mai 2023

O polígono que se proxecta implementar implicaría 496 parcelas de 241 titulares, xerando actividade económica que contribuiría -á súa vez- á anticipación aos incendios. Este polígono súmase ao de Vences, tamén aquí en Monterrei, que está a mobilizar 22,44 hectáreas, divididas en 535 parcelas de 331 propietarios; e á aldea modelo de Infesta, cunha superficie de máis de 36 hectáreas, distribuídas en 930 parcelas de 232 propietarios. En Galicia hai 21 polígonos agroforestais en diferentes fases dende a entrada en vigor da Lei de recuperación, dos que 15 se atopan na provincia de Ourense.

Novas 12 Mai 2023

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de ditas propostas de aproveitamento. Trátase das aldeas modelo Francos de Proendos (Sober); Covelo (Taboadela); Carzoá (Cualedro), O Seixo (A Gudiña) e Mouteira-Parada (Cerdedo-Cotobade). Os interesados en poñer a producir as terras que compoñen estas aldeas modelo poden remitir as súas solicitudes no prazo de 15 días naturais a contar desde mañá.

Novas 09 Mai 2023

O DOG publica hoxe os tres decretos da Consellería do Medio Rural para seguir adiante con estes procesos, que implicarán no seu conxunto case 300 hectáreas, algo máis de 1.600 parcelas e preto de 800 propietarios. Elévase así a 11 o número de polígonos de iniciativa pública declarados na nosa comunidade ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. A día de hoxe, existen 21 polígonos de iniciativa pública en distintas fases de execución, 13 xa iniciados e oito en fase de actuacións previas, que suman unhas 8.900 hectáreas, con máis de 26.000 parcelas involucradas e máis de 7.000 propietarios implicados.

Novas 30 Abr 2023

O polígono que se proxecta implementar implicaría 422 parcelas de 146 titulares, xerando actividade económica que contribuiría -á súa vez- á anticipación aos incendios. En Galicia hai 21 polígonos agroforestais en diferentes fases dende a entrada en vigor da Lei de recuperación, dos que 15 se atopan na provincia de Ourense.

Novas 22 Abr 2023

Rustik é un proxecto de investigación de catro anos de duración (2022-2026) financiado polo programa Horizon da Unión Europea. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, é un dos socios desta iniciativa que busca reforzar os procesos de transición cara a comunidades rurais máis resilientes, inclusivas, saudables e verdes. En total, participarán 31 socios procedentes de 10 países europeos (España, Austria, Alemaña, Eslovenia, Francia, Finlandia, Bulgaria, Italia, Polonia e Reino Unido).

Novas 21 Abr 2023

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, abordou a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e as ferramentas de posta en valor que contempla. O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, respondeu a unha pregunta sobre a situación actual dos montes veciñais en man común.

Novas 15 Abr 2023

O polígono de Vences mobilizará 22,44 hectáreas de superficie, divididas en 535 parcelas propiedade de 331 veciños e será empregado para cultivos leñosos como o viñedo. No caso do polígono de Pousada, que contará con 94 hectáreas repartidas en 663 parcelas en propiedade de 200 titulares, destinarase á plantación de castiñeiros. Na actualidade, xa son 21 os polígonos agroforestais en distintas fases de actuación existentes na nosa comunidade, dos cales 15 se atopan na provincia de Ourense. Desde a entrada en vigor da Lei de recuperación, en maio de 2021, arredor de 10.000 hectáreas de terreo están sendo obxecto de desenvolvemento dun instrumento de recuperación de terra agraria.

Novas 14 Abr 2023

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural participou nun relatorio no marco das xornadas A transición ecolóxica no condado Paradanta, organizadas polo GDR local. Inés Santé explicou o futuro Mapa de usos agroforestais de Galicia, que reflectirá o emprego das terras agroforestais e servirá de base para planificar as actuacións das administracións públicas na materia. Tamén abordou o Catálogo de solos agropecuarios e forestais, un instrumento que clasificará a totalidade dos terreos agroforestais e agropecuarios ou forestais en función da súa aptitude produtiva actual e potencial. Con respecto á mobilidade de terras, a directora xeral destacou os diversos instrumentos xa en funcionamento que brinda a Lei de recuperación como son os polígonos agroforestais, as aldeas modelo ou as permutas de especial interese agrario.