O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o acordo de inicio de ambas figuras, que suman un total de 72,55 hectáreas de terreo. Con estes elévanse a 23 os polígonos de iniciativa pública en distintas fases de execución, impulsados no marco da Lei de recuperación da terra agraria, mobilizando 8.983 hectáreas distribuídas en 28.624 parcelas propiedade de 7.788 veciños.
Todas las noticias
Trátase do borrador de guía de ordenación produtiva da aldea modelo de Infesta (Monterrei) e dos borradores de proxecto de ordenación produtiva das de Ferreiros (Ames), Cortegazas (Avión) e Soutogrande (Vilariño de Conso). Son documentos técnicos nos que se delimitan os usos produtivos máis idóneos para a explotación das parcelas incluídas nestas aldeas modelo, dende os puntos de vista económico, técnico, social e ambiental. O prazo de presentación de observacións e achegas é dun mes a partir de mañá, día seguinte da publicación no DOG.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural participou na 2ª reunión do Grupo de Trabajo sobre la Movilización de Tierras Agrarias Infrautilizadas, integrado pola Administración central e as autonómicas. Inés Santé puxo en valor a experiencia galega coa Lei de recuperación da terra agraria e lembrou que mediante os seus diferentes instrumentos téñense mobilizado arredor de 10.000 hectáreas de superficie de calidade nos seus dous anos de vixencia.
En Baleira, entregáronse os títulos de propiedade da concentración parcelaria de Fonteo, que afectou a unha superficie de 145 hectáreas, pertencentes a 112 veciños.
O polígono que se proxecta implementar implicaría 143 parcelas de 33 veciños, xerando actividade económica que contribuiría -á súa vez- á anticipación aos incendios. Este polígono de Xesto súmase ás outras figuras da Lei de recuperación implantadas na comarca de Terra de Lemos, como son o polígono agroforestal de Bóveda e as aldeas modelo da Pobra do Brollón e Sober. En Galicia hai 21 polígonos agroforestais en diferentes fases dende a entrada en vigor da Lei de recuperación, con preto de 9.000 hectáreas implicadas.
O DOG publica hoxe o acordo para impulsar este polígono de Prado, que suporá a mobilización de 160 hectáreas de 372 propietarios, distribuídas en 1.685 parcelas. Esta actuación, xunto cos polígonos de Leiro e da Arnoia, suporá en conxunto a mobilización de máis de 500 hectáreas agrícolas e forestais, que estarán dedicadas preferentemente a viñedo para a denominación de orixe (DO) Ribeiro. A día de hoxe, existen en Galicia 21 polígonos de iniciativa pública en distintas fases de execución, mobilizando preto de 9.000 hectáreas distribuídas nunhas 28.000 parcelas propiedade duns 7.500 veciños.
O polígono que se proxecta implementar implicaría 496 parcelas de 241 titulares, xerando actividade económica que contribuiría -á súa vez- á anticipación aos incendios. Este polígono súmase ao de Vences, tamén aquí en Monterrei, que está a mobilizar 22,44 hectáreas, divididas en 535 parcelas de 331 propietarios; e á aldea modelo de Infesta, cunha superficie de máis de 36 hectáreas, distribuídas en 930 parcelas de 232 propietarios. En Galicia hai 21 polígonos agroforestais en diferentes fases dende a entrada en vigor da Lei de recuperación, dos que 15 se atopan na provincia de Ourense.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de ditas propostas de aproveitamento. Trátase das aldeas modelo Francos de Proendos (Sober); Covelo (Taboadela); Carzoá (Cualedro), O Seixo (A Gudiña) e Mouteira-Parada (Cerdedo-Cotobade). Os interesados en poñer a producir as terras que compoñen estas aldeas modelo poden remitir as súas solicitudes no prazo de 15 días naturais a contar desde mañá.