A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural participou nun relatorio no marco das xornadas A transición ecolóxica no condado Paradanta, organizadas polo GDR local. Inés Santé explicou o futuro Mapa de usos agroforestais de Galicia, que reflectirá o emprego das terras agroforestais e servirá de base para planificar as actuacións das administracións públicas na materia. Tamén abordou o Catálogo de solos agropecuarios e forestais, un instrumento que clasificará a totalidade dos terreos agroforestais e agropecuarios ou forestais en función da súa aptitude produtiva actual e potencial. Con respecto á mobilidade de terras, a directora xeral destacou os diversos instrumentos xa en funcionamento que brinda a Lei de recuperación como son os polígonos agroforestais, as aldeas modelo ou as permutas de especial interese agrario.
Todas las noticias
O polígono constará de case 100 hectáreas, que se prevén destinar a gandaría e a cultivos forraxeiros/herbáceos. Os polígonos agroforestais teñen como obxectivo poñer en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que co tempo acadaron estados de abandono ou infrautilización.
José González asegurou que a través de figuras como as aldeas modelo e os polígonos agroforestais, así como mediante concentracións parcelarias, desde o ano 2020 puxéronse en valor arredor de 35.000 hectáreas na Comunidade. Nesa liña, apuntou que a Lei de recuperación traballa da man da Lei de mellora da estrutura territorial de Galicia, buscando dinamizar o territorio e reforzar a viabilidade económica das explotacións mediante o aumento da súa base territorial. No marco dos traballos para a posta en valor da terra, tamén se referiu ao Plan de pastos ou ao Programa de recuperación de soutos tradicionais.
O polígono constará de case 52 hectáreas, que se prevén destinar a gandaría e a cultivos forraxeiros/herbáceos. Os polígonos agroforestais teñen como obxectivo poñer en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que co tempo acadaron estados de abandono ou infrautilización.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural desprazouse á localidade coruñesa para manter un encontro informativo. Este proceso abrangue 352 hectáreas distribuídas en 4.948 parcelas de 997 propietarios dos lugares de Morono, Cortiñas, Confurco, Rocha, Barca e Condes.
O polígono agroforestal de Freixido constará de 136 hectáreas cunhas 1.228 parcelas de 521 propietarios que se prevén destinar a produción vitivinícola e de castaña.
O subdirector de Mobilidade de Terras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural participou na 1ª reunión do Grupo de Trabajo sobre la Movilización de Tierras Agrarias Infrautilizadas, integrado pola Administración central e as autonómicas. Puxo en valor as aldeas modelo e polígonos agroforestais, que en menos de dous anos están a mobilizar arredor de 10.000 hectáreas a través de 21 polígonos agroforestais e outras tantas aldeas modelo en Galicia, ademais de mediante permutas.
Na aldea modelo de Carzoá, en Cualedro, perfílase como actividade principal os cultivos de horta e de ciclo curto e explotación gandeira. Na aldea do Seixo, na Gudiña, establécese como actividade principal o aproveitamento de gando en extensivo compatible coas importantes masas de frondosas caducifolias existentes, cultivos complementarios ao gando e aproveitamento apícola.