Todas las noticias

Novas 16 Feb 2023

O Plan establece unha serie de obxectivos específicos concretados en cinco eixes estratéxicos e divididos en 37 propostas de actuación. Continuarase a traballar no desenvolvemento dos polígonos agroforestais, das aldeas modelo, das permutas de especial interese agrario e das agrupacións de xestión conxunta, así como no Plan de pastos ou na recuperación de soutos tradicionais. Ademais, finalizarase a elaboración do Mapa de usos agroforestais, proseguirá a mellora do Banco de terras e poñerase en marcha o sistema informático para a xestión do Banco de explotacións, co fin de garantir a remuda xeracional no sector primario.

Novas 14 Feb 2023

Na actualidade, xa son 21 os polígonos agroforestais en distintas fases de actuación existentes na nosa comunidade, dos cales 15 se atopan na provincia de Ourense. Un deles, o polígono de Cualedro, suporá a mobilización de 64 hectáreas de superficie, repartida en 72 parcelas propiedade de 70 veciños. Tamén están declaradas un total de 21 aldeas modelo na nosa Comunidade, das cales 14 están na provincia de Ourense e unha delas é a de Carzoá, no concello de Cualedro. Desde a entrada en vigor da Lei de recuperación, en maio de 2021, arredor de 10.000 hectáreas de terreo están sendo obxecto de desenvolvemento dun instrumento de recuperación de terra agraria. Está aberto o prazo de solicitude das axudas para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo ou nas zonas de polígonos agroforestais, dotada con 2 millóns de euros.

Novas 12 Feb 2023

O conselleiro comprobou en persona esta iniciativa que vai da man da cooperativa Gandaría SMAD, e que permite xerar riqueza ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais. Esta aldea conta cunha superficie de 15,13 hectáreas arredor do núcleo que busca dinamizar, dividida en 158 parcelas de 95 propietarios. Desde a entrada en vigor da Lei de recuperación, en maio de 2021, arredor de 10.000 hectáreas de terreo están sendo obxecto de desenvolvemento dun instrumento de recuperación de terra agraria. Está aberto o prazo de solicitude das axudas para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo ou nas zonas de polígonos agroforestais, dotada con 2 millóns de euros.

Novas 09 Feb 2023

A Consellería do Medio Rural ofreceu unha charla informativa sobre os obxectivos desta Lei, comprometida co avance na recuperación da actividade económica e social de terreos abandonados. Desde a entrada en vigor da norma arredor de 10.000 hectáreas de terreo están sendo obxecto de desenvolvemento dun instrumento de recuperación de terra agraria.

Novas 05 Feb 2023

Esta aldea conta cunha superficie de 23,41 hectáreas e de 665 parcelas de 131 propietarios. A súa orientación produtiva céntrase no porco silleiro en extensivo así como da produción da alimentación necesaria nas terras de cultivo, mediante cereais e plantas autóctonas, poñendo en práctica a economía circular. José González salientou que desde a entrada en vigor da Lei de recuperación, en maio de 2021, arredor de 10.000 hectáreas de terreo están sendo obxecto de desenvolvemento dun instrumento de recuperación de terra agraria.

Novas 01 Feb 2023

José González puido comprobar a eficacia deste sistema de mobilización de terras impulsado nunhas 400 hectáreas do concello e anunciou que este ano comezará un novo proxecto que consistirá en aplicar este sistema de permutas en tres zonas piloto. Avanzou que estas permutas declararanse de especial interese agrario, o que suporá distintas vantaxes, entre elas unha liña de axudas para financiar os gastos notariais e de inscrición no rexistro da propiedade destas permutas. Tamén visitará a zona da nova parcelaria decretada en abril de 2021 na zona de San Xoán de Seoane da Pregación, que reorganizará unha superficie de case 400 hectáreas.

Novas 29 Xan 2023

Xunto con técnicos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a delegación europea visitou esta semana a aldea modelo de Penedo, no concello ourensán de Boborás. Este grupo de 20 expertos de toda Europa traballará, neste primeiro semestre de 2023, para identificar e analizar enfoques e iniciativas coas que reducir o abandono de terras agrarias, así como recuperar aquelas xa abandonadas. A Consellería do Medio Rural destina neste 2023 un total de 5,9 millóns de euros para o desenvolvemento de instrumentos de recuperación da terra agraria, un 11% máis ca en 2022

Novas 07 Xan 2023

José González e o alcalde visitaron a posible localización para este novo polígono, que se dedicaría á gandaría de porcino na parroquia de Sabadelle.

Lembrou que o seu departamento destina para o ano 2023 un total de 5,9 millóns de euros para o desenvolvemento de instrumentos de recuperación da terra agraria.