Dous dos tres posibles polígonos de Paradela destinaríanse a viñedos, mentres que o terceiro buscaría a recuperación e a revalorización das frondosas autóctonas caducifolias da zona. En Galicia xa están declarados un total de 21 polígonos agroforestais que comprenden unha superficie de case 8.800 hectáreas e outras 21 aldeas modelo, que supoñen 574 hectáreas
Todas las noticias
Inés Santé referiuse ás vantaxes que presentan as aldeas modelo e os polígonos agroforestais, así como as agrupación forestais de xestión conxunta. Puxo en valor o proxecto “Son de monte”, que recibiu unha axuda de 72.000 euros do programa Leader co obxecto de que un total de seis grupos de desenvolvemento rural colaboren para a valorización da cultura vinculada ao monte.
A representante da Consellería do Medio Rural; Inés Santé incidiu en que o obxectivo da Xunta é consolidar a primeira rede de aldeas modelo na que se potencien os grandes valores das áreas rurais, co fin de impulsar a súa recuperación integral. Puxo en valor que as aldeas modelo pasarán a estar completamente rehabilitadas a través da posta en marcha dun Plan de dinamización do núcleo urbano, cun Plan integrado de dinamización turística.
Este polígono, que se atopa en fase de actuacións previas, está dividido en 292 parcelas correspondentes a 200 propietarios.
Inés Santé e o rexedor acordaron avaliar proximamente a superficie susceptible de incorporarse nesta figura de posta en valor.
Inés Santé lembrou que hai 21 aldeas modelo declaradas -cinco delas na provincia de Lugo- e 21 polígonos agroforestais en distintas fases -entre eles dous lucenses-.
Na reunión, José González animou ao rexedor a localizar zonas para desenvolver posibles polígonos agroforestais e avaliouse a posibilidade de levar a cabo melloras nas infraestruturas rurais.
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias informoulles que no primeiro ano de vixencia desta norma estanse a mobilizar máis de 9.300 hectáreas de superficie.