José González destacou as vantaxes dos polígonos agroforestais, figura incluída na Lei de recuperación da terra agraria, nun concello de clarísima vocación gandeira. Galicia conta hoxe con 26 polígonos en distintas fases de execución, o que supón a posta en valor de máis de 9.100 hectáreas distribuídas en case 30.000 parcelas propiedade de máis de 8.200 veciños. O conselleiro remarcou a aposta pola mobilización de terras nestes últimos anos, con máis de 35.000 hectáreas postas en valor, para dinamizar o territorio e loitar contra os lumes.
Todas las noticias
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou esta mañá na mesa redonda Galicia vaciada do XVI Congreso da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións. Alí, Santé puido poñer de relevo o labor desenvolvido pola Axencia a través de distintas liñas de actuación como os programas LEADER ou as axudas PDR ou PEPAC, postas en marcha pola Consellería do Medio Rural.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural puxo en valor os grandes esforzos que está a dedicar a Consellería do Medio Rural para o desenvolvemento dos polígonos agroforestais, un instrumento da Lei de recuperación. O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias demandou de novo unha modificación normativa a nivel nacional que defina un xeito de acreditar os custos de produción no sector leiteiro, con aplicacións como Contaláctea. O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria explicou os pormenores do Plan de control da vendima, no que se realizaron un total de 5.631 actuacións para defender a calidade e o prestixio dos viños galegos.
José González trasladou que o polígono situarase nunha zona cunha forte tradición gandeira e na que existe unha gran demanda de terras para a cría de gando vacún en extensivo, polo que esta ferramenta irá orientada a satisfacer estas necesidades. Salientou que esta iniciativa sumarase aos 26 polígonos que actualmente se atopan en distintas fases de execución en Galicia e que supoñen a posta en valor de máis de 9.100 hectáreas distribuídas en case 30.000 parcelas de máis de 8.200 veciños. Puxo en valor que 17 destes polígonos se sitúan na provincia de Ourense, así como 14 das 21 aldeas modelo aprobadas en toda Galicia.
José González resaltou que esta actuación permitiu reordenar máis de 5.000 parcelas en 1.372 predios, case que cuadriplicando o tamaño medio das parcelas ao pasar de 884 metros cadrados a máis de 3.110. O desenvolvemento desta parcelaria contou cun investimento de 2,2 millóns de euros para favorecer o desenvolvemento económico das explotacións. Dende o 2020, o Goberno galego rematou 29 concentracións e nos últimos dous anos decretou outras 29, mobilizando máis de 23.810 novas hectáreas. Xunto as parcelarias, a Xunta aposta polos mecanismos que pon a disposición a Lei de recuperación da terra agraria e cos que, en total, xa mobilizou nesta lexislatura 35.000 hectáreas.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o correspondente decreto da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Este proxecto enmárcase dentro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e supón un total de 29,75 hectáreas de terreo mobilizadas.
José González remarcou o esforzo do Goberno galego na erradicación desta planta, que ocupa preto de 60 das 145,6 hectáreas de superficie do polígono situado na localidade ourensá de Leiro. Destacou tamén a importancia desta actuación, pioneira en enfoque e dimensións, no reforzo da protección da bisbarra do Ribeiro fronte os incendios forestais. Trasladou ademais que tamén se actuou en case seis quilómetros e medio de camiños, para recuperar e mellorar as comunicacións no interior do perímetro. No polígono, que terá unha orientación principal cara viñedo dentro da denominación de orixe Ribeiro, identificáronse xa mediante a investigación da propiedade 183 parcelas de 113 propietarios, o que supón 63 das 145,6 ha que o conforman (un 43%).
José González explicou que esta iniciativa permitirá mobilizar preto de 20 hectáreas, divididas en 213 parcelas de 135 titulares. Salientou que xa existen en Galicia un total de 24 polígonos agroforestais en distintas fases de execución, que supoñen a posta en valor de algo máis de 9.000 hectáreas distribuídas nunhas 29.000 parcelas propiedade de máis de 7.800 veciños. Trátase de recuperar terra de boa capacidade produtiva abandonada ou infrautilizada de forma sustentable, buscando crear actividade agrogandeira, fixar poboación e anticiparse aos incendios forestais.