Habilitado o procedemento para a Concorrencia pública de selección de propostas de actuación no polígono agroforestal de Oímbra
Hoxe saíu publicada no DOG a concorrencia pública para a selección de propostas de actuación no polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra.
O período habilitado para a presentación de solicitudes é o comprendido entre os días 6 e 26 de novembro. Pode presentar as propostas mediante o procedemento MR711F dispoñible na seguinte ligazón da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR711F
Pode consultar a información do polígono agroforestal de Oímbra na seguinte ligazón: https://agader.xunta.gal/gl/recuperacion-de-terras/poligonos-agroforestais/oimbra/