A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou hoxe os terreos nos que se desenvolverá este instrumento ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. A actividade principal á que se destinará este polígono agroforestal son os cultivos leñosos e o aproveitamento de castaña. A maiores, inaugurou un dos cursos de microcredenciais que se están a realizar nas zonas rurais en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, dirixido a profesionais e cidadáns de entre 25 e 64 anos.
Que podes atopar
A continuación amosamos a información máis destacada que contén a páxina web. A través dos mesmos, poderás acceder ó contido específico que máis che interese da Lei de recuperación da terra agraria.
Lei de recuperación da terra agraria
Aquí poderase ler todo o referente á Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
O principal obxectivo da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia é loitar contra o abandono e a infrautilización das terras e facilitar unha base territorial suficiente a aquelas explotacións que a precisan, á vez que procurar anticiparse aos incendios e traballar, en definitiva, pola recuperación demográfica e pola mellora da calidade de vida da poboación no rural. A xestión adecuada da terra agraria é imprescindible para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, os obxectivos do Pacto Verde da UE e os do Pacto Europeo polo clima. Ademais, a seguridade esixe garantir a competitividade das explotacións agrícolas e a resiliencia dos sistemas alimentarios locais e rexionais, polo que resulta esencial protexer un recurso escaso e non renovable como é a terra agraria, así como asegurar o seu acceso aos produtores agroalimentarios.
Destacamos
Este período iniciouse o pasado día 4 de maio e é un dos dous que se abre ao longo do ano (en maio e novembro) para solicitar parcelas neste estado. Para as parcelas no estado de dispoñible sen concorrencia, o prazo permanece aberto durante todo o ano, en virtude da novidade introducida neste 2026. Actualmente hai un total de 6.639 parcelas dispoñibles para poder ser arrendadas por medio do Banco a través destes dous procedementos.
Neste período, calquera persoa que precise terras para desenvolver ou ampliar unha explotación agraria e/ou forestal ou para realizar un proxecto con outros fins pode dirixirse ao Banco, que mantén unha listaxe actualizada das parcelas dispoñibles. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática na sede electrónica da Xunta de Galicia ou desde a páxina web do Banco de Terras de Galicia.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural visitou A Estrada para poñer en valor a convocatoria destas axudas, que promoven ferramentas como as permutas de especial interese agrario e os polígonos agroforestais de iniciativa privada. Durante a visita puido coñecer un proxecto de mobilización de terra a través de permutas que se quere levar a cabo neste concello. As persoas que acrediten a posta en marcha de ditos instrumentos poden optar a esta achega, que conta cun orzamento de 100.000 euros para os anos 2025 e 2026. Como novidade, nesta convocatoria inclúense as axudas para gastos de asesoramento técnico e xurídico, un recurso moi demandado polos propios propietarios que queren acometer este tipo de procesos.