A Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia

A través desta norma establécese o marco xeral en Galicia para a xestión da terra agroforestal, a súa ordenación de usos, a loita contra o seu abandono e o fomento da súa recuperación, co fin de poñer a producir as terras arestora abandonadas e infrautilizadas e de facilitar a terra a quen a desexe traballar.

A lei, froito dun mandato do Parlamento de Galicia, ofrece un abano de instrumentos e posibilidades para mellorar a base territorial das explotacións xa existentes, facilitar a remuda xeracional no sector agroforestal e xerar riqueza e emprego no rural.

Instrumentos de ordenación:

  • Investigación da titularidade.
  • Mapa de usos agroforestais de Galicia.
  • Catálogo de solos agropecuarios e forestais de Galicia.

 

Instrumentos de mobilización de terras:

  • Banco de terras.
  • Banco de explotacións.
  • Permutas.

 

Instrumentos de recuperación de terras:

  • Polígonos agroforestais
  • Agrupacións e actuacións de xestión conxunta.
  • Aldeas modelo.

 

 

 

 

Presentacións:

Fai clic nas imaxes seguintes para acceder ás presentacións sobre a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.

Xeral    Configuración    Instrumentos