Que é o Banco de Terras?
Que é o Banco de Terras?
O Banco de Terras de Galicia é un instrumento creado pola Consellería do Medio Rural co dobre obxectivo de evitar o abandono da terra agraria e de poñela a disposición de todas aquelas persoas que a necesiten para usos agrícolas, gandeiros, forestais, de conservación da natureza e patrimonio ou outros usos de interese social.
A función principal do Banco de Terras é a de dinamizar e mediar entre as persoas propietarias e aquelas que precisan terras, así como dar garantías, confianza e seguridade na xestión e no uso das fincas.
Se vostede posúe terras e lle interesa ofrecer as súas parcelas ao Banco de Terras de Galicia ou ben se necesita terras para levar a cabo o seu proxecto, pode atopar no Sistema de Información de Terras de Galicia – Banco de terras (https://sitegal.xunta.gal/) as parcelas dispoñibles, así como consultar os trámites que hai que levar a cabo para cada un dos casos. Pode ademais realizar parte dos trámites a través de Internet, así como coñecer o estado de tramitación dos seus expedientes.
¿É vostede unha persoa que ten terras e non lles dá aproveitamento?
Consulte AQUI (https://agader.xunta.gal/gl/banco-de-terras/incorporacion-de-fincas/) o que lle pode ofrecer o Banco de Terras e os trámites a seguir para incorporar esas fincas ao Banco de Terras.
¿Necesita vostede terras para desenvolver o seu proxecto?
Consulte AQUI (https://agader.xunta.gal/gl/banco-de-terras/arrendamentos/) como pode solicitar a cesión de fincas que están incorporadas ao Banco de Terras de Galicia.
Para calquera dúbida ou se desexa máis información pode poñerse en contacto co Banco de terras a través do teléfono: 881 997 193 ou do correo electrónico: info-bancodeterras.agader [at] xunta.gal