Guías de Ordenación Produtiva
As Guías de Ordenación Produtiva son un documento técnico no que se definen os usos produtivos máis acaídos para a explotación das parcelas incluídas na Aldea Modelo.
Están definidas no Artigo 47 quater da LEI 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, e nelas defínese como mínimo: o perímetro da aldea modelo, a relación das parcelas incluídas no perímetro, os usos produtivos máis acaídos para a explotación das parcelas incluídas no proxecto, os prazos e prezos de arrendamento e a descrición das actuacións de limpeza, obras e infraestruturas necesarias para a posta en produción das actividades que se desenvolverán na aldea modelo.