Novas

Novas 16 Nov 2022

Os produtores interesados en incorporarse a algunha destas aldeas poden consultar as guías nos taboleiros de anuncios dos concellos pertinentes ou na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Poderán realizar as achegas que consideren oportunas no prazo dun mes a contar dende mañá, día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Novas 12 Nov 2022

Este novo portal está a centralizar o acceso a toda a información relativa á execución das aldeas modelo, dos polígonos agroforestais ou das agrupacións de xestión conxunta. O obxectivo do Sistema de Información de Terras de Galicia é garantir a transparencia sobre todos os traballos que se están a levar a cabo ao abeiro das distintas figuras, fomentando a participación pública para continuar coa súa posta en marcha. Nestes momentos, na nova web de Sitegal pódese acceder a sete seccións distintas, nas que se permite descargar 723 arquivos correspondentes a documentos, mapas, vídeos e presentacións. Proximamente estarán dispoñibles novas funcionalidades, como a ferramenta para a xestión do Banco de Explotacións ou unha aplicación de participación pública que servirá de apoio nas reunións con interesados nos instrumentos de recuperación.

Novas 12 Nov 2022

Inés Santé referiuse aos polígonos agroforestais impulsados en Cerdedo-Cotobade, Crecente e Tomiño, á aldea modelo aprobada no primeiro destes municipios e á que está en fase de recollida de sinaturas nas Neves. Asegurou que estas ferramentas recollidas na Lei de recuperación están poñendo en valor grandes superficies de terreo ou a contorna de núcleos de poboación, xerando actividade económica que contribúe a fixar poboación e a anticiparse aos incendios. En toda Galicia, estanse mobilizando máis de 9.300 hectáreas a través de 21 polígonos e doutras tantas aldeas modelo, beneficiando máis de 9.600 propietarios de máis de 35.000 parcelas.

Novas 07 Nov 2022

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe tres decretos da Consellería do Medio Rural que buscan axilizar a tramitación destas aldeas. Entre todas elas, porán en valor máis de 57 hectáreas arredor dos núcleos de poboación que buscan dinamizar, con case un milleiro de parcelas implicadas de preto de 200 propietarios. Actualmente hai 21 aldeas modelo en Galicia para recuperar case 600 ha distribuídas en máis de 9.000 predios de máis de 2.000 titulares, co obxecto de xerar actividade económica que contribúa a fixar poboación e a avanzar na anticipación aos lumes

Novas 04 Nov 2022

O DOG publica hoxe os seis decretos da Consellería do Medio Rural para seguir adiante con estes procesos, que implicarán no seu conxunto case 420 hectáreas, preto de 3.700 parcelas e máis de 1.300 propietarios. Elévase así a oito o número de polígonos de iniciativa pública declarados ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, tras os de Cualedro e Oímbra que actualmente se atopan na fase de redacción do proxecto básico. O estudo de viabilidade aprobado en cada caso determinou os usos e actividades admisibles, entre os que destacan os cultivos leñosos ou de horta e os sistemas agroforestais. A día de hoxe, existen 21 polígonos de iniciativa pública en distintas fases de execución, 10 xa iniciados e 11 en fase de actuacións previas

Novas 23 Out 2022

José Luis Chan lembrou que os vindeiros meses serán “fundamentais” para dar impulso a esta figura, que persegue fomentar unha xestión agrupada e sustentable dos montes, coa fin de recuperalos e poñelos en valor. Enmarcou tamén estes obxectivos no Plan Forestal de Galicia, “cara a neutralidade carbónica”, un documento que representa a folla de ruta para o futuro do sector na nosa comunidade autónoma.

Novas 21 Out 2022

Dous dos tres posibles polígonos de Paradela destinaríanse a viñedos, mentres que o terceiro buscaría a recuperación e a revalorización das frondosas autóctonas caducifolias da zona. En Galicia xa están declarados un total de 21 polígonos agroforestais que comprenden unha superficie de case 8.800 hectáreas e outras 21 aldeas modelo, que supoñen 574 hectáreas

Novas 14 Out 2022

Inés Santé referiuse ás vantaxes que presentan as aldeas modelo e os polígonos agroforestais, así como as agrupación forestais de xestión conxunta. Puxo en valor o proxecto “Son de monte”, que recibiu unha axuda de 72.000 euros do programa Leader co obxecto de que un total de seis grupos de desenvolvemento rural colaboren para a valorización da cultura vinculada ao monte.

Novas 11 Out 2022

A representante da Consellería do Medio Rural; Inés Santé incidiu en que o obxectivo da Xunta é consolidar a primeira rede de aldeas modelo na que se potencien os grandes valores das áreas rurais, co fin de impulsar a súa recuperación integral. Puxo en valor que as aldeas modelo pasarán a estar completamente rehabilitadas a través da posta en marcha dun Plan de dinamización do núcleo urbano, cun Plan integrado de dinamización turística.

Novas 24 Set 2022

Este polígono, que se atopa en fase de actuacións previas, está dividido en 292 parcelas correspondentes a 200 propietarios.