Novas

Novas 01 Feb 2023

José González puido comprobar a eficacia deste sistema de mobilización de terras impulsado nunhas 400 hectáreas do concello e anunciou que este ano comezará un novo proxecto que consistirá en aplicar este sistema de permutas en tres zonas piloto. Avanzou que estas permutas declararanse de especial interese agrario, o que suporá distintas vantaxes, entre elas unha liña de axudas para financiar os gastos notariais e de inscrición no rexistro da propiedade destas permutas. Tamén visitará a zona da nova parcelaria decretada en abril de 2021 na zona de San Xoán de Seoane da Pregación, que reorganizará unha superficie de case 400 hectáreas.

Novas 29 Xan 2023

Xunto con técnicos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a delegación europea visitou esta semana a aldea modelo de Penedo, no concello ourensán de Boborás. Este grupo de 20 expertos de toda Europa traballará, neste primeiro semestre de 2023, para identificar e analizar enfoques e iniciativas coas que reducir o abandono de terras agrarias, así como recuperar aquelas xa abandonadas. A Consellería do Medio Rural destina neste 2023 un total de 5,9 millóns de euros para o desenvolvemento de instrumentos de recuperación da terra agraria, un 11% máis ca en 2022

Novas 07 Xan 2023

José González e o alcalde visitaron a posible localización para este novo polígono, que se dedicaría á gandaría de porcino na parroquia de Sabadelle.

Lembrou que o seu departamento destina para o ano 2023 un total de 5,9 millóns de euros para o desenvolvemento de instrumentos de recuperación da terra agraria.

Novas 05 Xan 2023

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de ditas propostas de aproveitamento.

Os interesados en poñer a producir as terras que compoñen estas aldeas modelo poden remitir as súas solicitudes no prazo de 15 días naturais a contar desde mañá.

Novas 28 Dec 2022

Tamén se acordou arranxar a estrada que vai do cruce de Tribás a Ousende, a través do Plan de Infraestruturas Rurais de 2023, cunha contía de 120.000 euros.

Así mesmo, vaise analizar a posibilidade de dar apoio aos montes veciñais e de reforzar a colaboración para a loita contra incendios.

Por último, garantiuse a presenza da Oficina Agraria Móbil para mellorar a prestación de servizos no concello .

Novas 16 Dec 2022

Os produtores interesados en incorporarse a algunha destas aldeas poden consultar as guías nos taboleiros de anuncios dos concellos pertinentes ou na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Novas 14 Dec 2022

José González destacou que, grazas a este traballo, a superficie media das parcelas triplicouse, pasando de 1.525 a 5.746 metros cadrados e de 5.317 predios a 1.335 parcelas finais. Puxo en valor que entre o ano 2020 e o que vai de 2022, a Xunta rematou un total de 24 concentracións parcelarias -contando a de hoxe-, que abarcaron unha superficie total de máis de 17.400 hectáreas, beneficiando preto de 11.300 propietarios. Ademais das parcelarias, a Xunta aposta polos mecanismos de mobilización que pon a disposición a Lei de recuperación da terra agraria e coa que, só no primeiro ano de vixencia, se están mobilizando máis de 9.300 hectáreas en toda Galicia.

Novas 13 Dec 2022

Ambos directores xerais defenderon a importancia da ordenación do territorio como elemento imprescindible para reducir o risco de incendios, mitigar o seu impacto e axudar ao seu control. A Lei de recuperación brinda varios instrumentos como os polígonos agroforestais ou as aldeas modelo, cuxa eficacia puido comprobarse este verán coa aldea de Parada dos Montes, na Pobra do Brollón, onde os pasteiros frearon o avance do lume.

Novas 26 Nov 2022

José González salientou que o polígono abrangue unha superficie de case 22 hectáreas e que a súa principal orientación produtiva é cara a cultivos de horta, como os da Indicación Xeográfica Protexida Pemento de Oímbra, e leñosos. Destacou que este polígono súmase a outros 14 xa iniciados ou en actuacións previas na provincia ourensá, que representan a maioría dos 21 abertos no conxunto de Galicia. Puxo en valor o esforzo orzamentario da Xunta para impulsar estes instrumentos da Lei de recuperación, indicando que nos presupostos de 2023 destinaranse 5,9 millóns de euros ao seu desenvolvemento, o que supón un 11 % máis de fondos ca no 2022
.

Novas 21 Nov 2022

Inés Santé trasladou que a Consellería do Medio Rural contratou xa esta identificación, dando así cumprimento ao establecido pola Lei de recuperación da terra agraria. Explicou que o concepto de infraestrutura verde está sendo adoptado nas diferentes políticas e estratexias de xestión territorial como un instrumento para asegurar os servizos ecosistémicos requiridos para o benestar humano e a calidade de vida.