Novas

Novas 11 Abr 2024

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, avanzou os traballos que se desenvolverán para poñer en marcha esta iniciativa, que suporá a reestruturación de 2.308 parcelas propiedade de 187 titulares. As actuacións que se realizarán están vencelladas con operacións de definición do parcelario, a investigación da propiedade, a clasificación da terra e a redacción do plan de ordenación de fincas de especial vocación agraria. Neste concello, oito parcelarias están mobilizando actualmente máis de 9.700 ha cun investimento que nestes procesos superou xa os 19 M€. A Xunta rematou dende o ano 2020 un total de 32 parcelarias e decretou outras 29 no conxunto de Galicia, destinando este ano 24 millóns de euros para seguir impulsando estes procesos de mobilización de terra.

Novas 09 Abr 2024

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, avanzou, no encontro celebrado esta mañá en Riomol, que proximamente van comezar diversos labores que permitirán a posta en marcha desta concentración. Santé explicou que se iniciarán as actuacións de obtención dos planos parcelarios e de preparación das bases e do plan de ordenación de predios de especial vocación agraria. A parcelaria desta parroquia do concello lucense de Castroverde abrangue unha superficie de 494 hectáreas, distribuídas en 1.192 parcelas propiedade de 143 titulares. A Xunta rematou dende o ano 2020 un total de 32 parcelarias e decretou outras 29 no conxunto de Galicia e destinará 24 millóns de euros neste 2024 para seguir avanzando neste eido.

Novas 04 Abr 2024

A directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, avanzou, no encontro celebrado esta mañá ao carón da estación de tren, que proximamente van comezar diversos labores que permitirán a posta en marcha desta concentración. Santé explicou que se iniciarán as actuacións de levantamento topográfico, de obtención dos planos parcelarios e de preparación das bases e do plan de ordenación de predios de especial vocación agraria. A parcelaria de Almoite abrangue unha superficie de 287 hectáreas, distribuídas en 2.272 parcelas propiedade de 435 titulares. A Xunta rematou dende o ano 2020 un total de 32 parcelarias e decretou outras 29 no conxunto de Galicia e destinará 24 millóns de euros neste 2024 para seguir avanzando neste eido.

Novas 27 Mar 2024

Despois da fase de decreto, van comezar agora os primeiros labores de levantamento topográfico e obtención dos planos parcelarios, así como da preparación das bases e do plan de ordenación de predios de especial vocación agraria, cun investimento de 162.000 euros. Neste concello, oito parcelarias están mobilizando actualmente máis de 9.700 ha cun investimento que nestes procesos superou xa os 19 M€. Dende 2020, a Xunta rematou en Galicia un total de 32 parcelarias e decretou outras 29.

Novas 19 Mar 2024

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, interveu hoxe nunha das sesións de debate para abordar o apoio ás aldeas intelixentes a través das diferentes políticas comunitarias europeas. Na sesión presentáronse exemplos de accións de apoio ás aldeas intelixentes en países como Austria, Finlandia, Hungría, Lituania, Italia e Polonia, sendo Galicia o único territorio de España no que se activou esta iniciativa. Na súa intervención, explicou os traballos que se están a desenvolver nas 21 aldeas modelo de Galicia, que todas elas estarán en funcionamento ao longo deste ano, e puxo en valor os catro proxectos piloto de plans de dinamización. A maiores, falou tamén da iniciativa de Compra Pública de Innovación de “Aldeas Intelixentes” co obxectivo de desenvolver solucións innovadoras que potencien a xestión dos servizos públicos e a actividade agrogandeira no rural galego.

Novas 18 Mar 2024

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, asistiu hoxe á primeira xornada da conferencia “Smart Rural 27”, impulsada pola Comisión Europea no ano 2020, que se está a celebrar na cidade de Bruxelas, en Bélxica. O obxectivo deste encontro, ao que asistentes representantes de diversos países europeos, é analizar a implementación da Política Agraria Común (PAC) nas zonas rurais e as iniciativas de aldeas intelixentes dentro da Unión Europea.

Novas 09 Mar 2024

José González destacou as posibilidades das instalacións para ser usadas, dentro do plan de dinamización de Muimenta, no eido formativo e laboral -como apoio do Espazo Agrario de Experimentación-, ademais dun uso asistencial e recreativo para os veciños. Esta cociña comunitaria permitirá dar soporte ás actividades produtivas agrícolas da aldea modelo, o que favorecerá o desenvolvemento da contorna. O proxecto, que rehabilita unha propiedade municipal, contou con 150.000 euros de financiación procedentes da liña de axudas da Xunta para a creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e polígonos agroforestais.

Novas 04 Mar 2024

José González debullou os requisitos básicos para desenvolver estes núcleos, que pasan polo súa rehabilitación integral, o impulso da actividade económica, a planificación preventiva fronte aos incendios e a aposta polas “aldeas intelixentes”. Neste sentido, proxectos como os presentados hoxe polos universitarios -e que se encadran no plan de dinamización de Muimenta- nacen da colaboración pública e privada co obxectivo, remarcou, de potenciar os centros urbáns das aldeas. O titular do Medio Rural en funcións tamén lembrou que esta aldea modelo activará este ano o primeiro Espazo Agrario de Experimentación de Galicia, con 15 hectáreas dedicadas á agricultura ecolóxica, especialmente a cultivos de horta. A iniciativa de Muimenta contará con tres parcelas de traballo, nas que se situarán outros tantos invernadoiros, cinco hortas e un sistema de regadío, para facilitar que emprendedores poidan probar o seu negocio nunha contorna favorable.

Novas 04 Mar 2024

A superficie desta iniciativa, enmarcada na Lei de recuperación da terra agraria, é de 22,21 hectáreas, e está distribuída en 237 parcelas de 148 propietarios. Ten por obxecto prioritario pór en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva, en progresivo estado de abandono ou infrautilización, recuperando deste xeito unha acaída actividade de explotación agrícola ou forestal. A zona delimitada está na área de actuación da Denominación de Orixe Rías Baixas, existindo unha gran demanda de terreos para a mellora da estrutura territorial de explotacións. Na actualidade estanse a desenvolver un total de 30 polígonos agroforestais de iniciativa pública en toda Galicia, que se atopan en distintas fases de execución.

Novas 04 Mar 2024

Esta iniciativa, enmarcada na Lei de recuperación da terra agraria, porá en valor 224 hectáreas, distribuídas en 6.753 parcelas de 780 propietarios. Ten por obxecto prioritario pór en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva, en progresivo estado de abandono ou infrautilización, recuperando deste xeito unha acaída actividade de explotación agrícola ou forestal. Na actualidade, tendo en conta o de Salvaterra de Miño, estanse a desenvolver un total de 30 polígonos agroforestais de iniciativa pública en toda Galicia, que se atopan en distintas fases de execución. Isto supón un total de 9.323 hectáreas mobilizadas.