A aldea modelo e o polígono agroforestal de Cualedro melloran o seu sistema de alumeado público
A aldea modelo de Carzoá e o polígono agroforestal situados no concello ourensán de Cualedro, seguen a avanzar de cara a mellorar e ampliar os seus servizos básicos. Neste caso, co fin de acadar un aforro enerxético e ambiental a través da utilización de lámpadas cunha eficacia luminosa e vida útil de alto nivel, así como de equipos auxiliares.
A proposta procura a dixitalización do alumeado público, coa instalación dunha rede de nodos nas luminarias existentes. Tamén se busca xestionar os niveis de alumeado particularizados para cada zona, coa intención de garantir un elevado aforro enerxético e ofrecer unha solución ante a demanda.
Estas actuacións enmárcase na liña de axudas de 2022 convocadas pola Xunta de Galicia para subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelos ou ámbitos territoriais vinculadas aos instrumentos de recuperación da terra agraria. Neste sentido, a Xunta destinou preto de 100.000 euros para acometer estas melloras
A aldea modelo está situada na parroquia de Carzoá e conta cunha superficie de 59,8 hectáreas, divididas en 389 parcelas de 215 titulares catastrais. Mentres tanto, o polígono agroforestal -tamén en Cualedro- abrangue unha superficie de 64 hectáreas, distribuída en 72 parcelas de 70 propietarios.